xoves 15/04/21
Non hai danos persoais

Un incendio na fábrica de Stellantis Vigo (PSA) obriga a parar a produción

Un incendio no taller de pintura da fábrica de Balaídos do grupo Stellantis (antes PSA) paralizou a produción de la factoría. As lapas declaráronse nun dos robots da sección 2 -a que se encarga dos vehículos comerciales- ao redor das 13 horas.
Planta do Grupo PSA en Vigo (Arquivo).
Planta do Grupo PSA en Vigo (Arquivo).

Efectivos de Bombeiros de Vigo desprazáronse até a fábrica de Stellantis en Vigo (antes PSA Peugeot Citroën) para traballar na extinción dun incendio declarado na nave de pintura -Nave P-, aínda que non hai que lamentar danos persoais.

Segundo informaron a Europa Press fontes de Bombeiros, a chamada recibiuse pouco despois das 13 horas desta sexta feira. Até o lugar desprazáronse un vehículo de Bombeiros do parque de Balaídos e outro de Teis.

Fontes da empresa indicaron que os sistemas de evacuación e de extinción da propia factoría "funcionaron correctamente". Aínda así, solicitouse a axuda dos Bombeiros de Vigo, que acudiron con dúas dotacións para reforzar os labores de extinción do lume.

O incendio, de pequenas dimensións, produciuse por causas aínda descoñecidas. No interior do recinto atopábanse unhas 300 persoas, que foron evacuadas.

Este suceso supuxo parar a produción para avaliar os danos e investigar o ocorrido. Está previsto que a actividade se reactive en canto haxa "total seguridade" para todos os traballadores.

Na actualidade a factoría xa tiña suspendida a produción no sistema M1, que monta o Peugeot 2008, o Citroën C-Elysée e o Peugeot 301, debido á persistencia dos problemas de subministración derivados da chamada crise dos semiconductores (microchips).

Precisamente, no día de onte coñeceuse que a dirección da planta de Stellantis en Vigo (antes PSA Peugeot Citroën) expuxo ao comité de empresa a aplicación dun expediente temporal de regulación de emprego (ERTE) con duración de 60 días e que afectaría 3.749 traballadores e traballadoras.

comentarios