A greve na xustiza continúa após acabar sen acordo una nova negociación

O goberno galego di que as propostas dos sindicatos son “inasumíbeis”.

[Imaxe: CIG] Protesto do persoal de xustiza en Vigo
photo_camera [Imaxe: CIG] Protesto do persoal de xustiza en Vigo

A greve na administración da xustiza continúa. O persoal de xustiza avalou en votación que os sindicatos puidesen baixar a exixencia salarial e a Xunta interpretouno como un “esta é a miña”. Após xogar nestes días a ver se recibía ou non aos sindicatos, finalmente si que houbo xuntanza esta segunda feira. Mais o encontro acabo usen acordo e a greve continúa, entrada xa a súa sétima semana.

Os sindicatos rebaixaron dez euros a súa proposta de incremento retributivo, de 190 a 180 euros máis ao mes. Mais nen con esas. O Goberno galego non variou a última cifra económica que puxo sobre a mesa.

Desde os representantes do cadro de persoal afirman que "levamos escoitando a palabra inasumíbel desde hai moito tempo; os 180 euros que pedimos son asumibles e asumíronos outras comunidades. Dámoslles dous anos para asumila",

"Tócalles mover ficha", remarcan os representantes dos traballadores.

Comentarios