Greve na televisión e radio pública galega

A decisión foi adoptada por “ampla maioría” na asemblea de traballadores e traballadoras, que apoiou a proposta do Comité intercentros. O paro será gradual e comezará este mes de novembro. Durante os días 20, 22, 24, 26, 28 e 30 deste mes, e tamén o 2 de decembro, a greve materializarase en paros de 2 horas por quenda, afectando a todas as quendas. Xa en decembro, a protesta ampliarase á greve de 24 horas, que será convocada a cuarta feira 19 de decembro.

venres negro
photo_camera venres negro

Greve na televisión e radio públicas galegas. Así o decidiron os traballadores e traballadoras nunha nutrida asemblea cuarta feira e na que se deu o visto bo á proposta do comité intercentros da CRTVG: “Á greve contra o desmantelamento do servizo público”.

O paro, que será gradual, arrancará este mes de novembro. Durante os días 20, 22, 24, 26, 28 e 30 deste mes, e tamén o 2 de decembro, a greve materializarase en paros de 2 horas por quenda, afectando a todas as quendas.

Xa en decembro, a protesta ampliarase á greve de 24 horas, que será convocada a cuarta feira 19 de decembro, xornada na que se realizará unha manifestación cuxo percorrido e horario está aínda por determinar.

O sábado desa mesma semana, 22 de decembro, día da lotería estatal, as traballadoras que prestan servizos na quenda de fin de semana tamén estarán convocadas a parar (na proporcionalidade horaria dunha xornada de greve de 24 horas que lle corresponde a esta quenda especial).

Ao tempo, desde mañá mesmo, día no que o Comité Intercentros comunicará e rexistrará oficialmente nas instancias oportunas o preaviso de greve, a representación legal do persoal da CRTVG empezará a traballar nunha batería de iniciativas encamiñadas a implicar a toda a sociedade galega na defensa dos medios públicos de comunicación do país. Entre elas, a creación dunha Mesa ampla para pular por un modelo de medios públicos radicalmente distinto do que están a construir o actual goberno da Xunta e a actual dirección da CRTVG.

ILP

Traballarase tamén por activar unha Iniciativa Lexislativa Popular “que corrixa a grave deriva e a anómala situación na que se encontran a tele e a radio públicas actualmente. Outro obxectivo a medio prazo é, a raíz desas sinerxias que se vaian creando, preparar unha gran manifestación para os primeiros meses de 2019

Comentarios