venres 30/10/20

O Goberno galego elude falar da intervención de Alcoa

Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta, afirma que o primeiro é que o cadro de persoal “impugne o ERE”.

Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta, en Silleda (Nós Diario)
Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta, en Silleda (Nós Diario)

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, insistiu este sábado en animar ás traballadoras e aos traballadores da fábrica de aluminio de Alcoa San Cibrao, en Cervo, a que "impugnen" o expediente regulador de emprego (ERE) e que pidan á xustiza "medidas cautelares para que non paren as cubas".

Así respondeu Rueda ao ser preguntado polos medios, durante un acto en  Silleda, sobre a decisión da multinacional de executar o despedimento colectivo tras o fracaso das negociacións para a venda da planta.

Rueda dixo que "a primeira reacción" debe ser "que impugnen un ERE" que a Xunta considera "tramposo" polo que constata que "o que está a buscar, ao final, é non ter competidores".

O vicepresidente primeiro indica que "é moi lexítimo, non entramos na política comercial de que (Alcoa) non quere ter presenza no Estado español” mais “non podemos permitir manobras para que non se siga fabricando aluminio primario aquí", insistiu.

Preguntado sobre se a Xunta apoia a intervención da factoría de aluminio, Rueda non foi tan directo e afirmou que "hai que seguir dando pasos”.

comentarios