Redacción 09/02/22 13:55 Seguinte chevron_right O Goberno estatal chegou a un acordo esta cuarta feira con CCOO e UXT para subir o salario mínimo interprofesional (SMI) a 1.000 euros mensuais con efectos desde o 1 de xaneiro deste ano, o que supón 35 euros máis que o SMI vixente actualmente —965 euros ao mes por catorce pagas—. A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, asinou o acordo en nome do Goberno, mentres que os secretarios xerais de CCOO e UXT, Unai Sordo e Pepe Álvarez, respectivamente, asinaron pola parte sindical. As organizacións empresariais CEOE e Cepyme non se sumaron a este acordo, tal e como se esperaba após rexeitaren na terza feira os seus órganos de goberno, por unanimidade, a proposta do Goberno, coincidente coa dos sindicatos, de elevar o SMI a 1.000 euros ao mes para 2022. As patronais CEOE e Cepyme rexeitaron sumarse ao acordo Nunha comparecencia de prensa tras a firma do acordo, a vicepresidenta agradeceu a todos os axentes sociais o traballo realizado nesta mesa e sinalou que, aínda que o acordo só se subscribiu cos sindicatos, o importante é que houbo diálogo social. "O Goberno e os axentes sociais que hoxe asinan este acordo cumpren co seu país. Subir o SMI foi moi positivo para o noso país e moi positivo para a nosa economía", destacou a vicepresidenta, que engadiu que a "mellor ferramenta para combater a pobreza laboral" é o SMI. O acordo entre o Goberno e os sindicatos prodúcese despois da reunión que decorreu desde as 11.30 horas entre os equipos negociadores do Ministerio de Traballo e dos axentes sociais —incluíndo os das patronais— para abordar a subida do SMI para este ano. A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN! Subscríbete ao noso boletín de novas. Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece. Rexístrate Etiqueta SMI Yolanda Díaz Estado español salario mínimo Seguinte chevron_right
TRABALLO A CIG exixe subir o SMI a 1.212 euros para equiparalo a 60% do salario medio Redacción 31/xan./23
TRABALLO O sector eólico emprega só catro persoas nos vinte parques de Muras Xacobe Ferreiro 31/xan./23
TRABALLO Cinco vigueses recibirán 1,1 millóns en compensación por sufrir silicose Redacción 30/xan./23
TRABALLO Morre un home de 60 anos após caer por un desnivel o camión formigoneira que conducía en Manzaneda Redacción 30/xan./23
TRABALLO Os homes despedidos por Puertas Betanzos por "coller vacacións" reciben varias ofertas de traballo Redacción 27/xan./23