GIG gaña as eleccións entre o persoal funcionario da Xunta

Logrou 46 das 121 representantes a escoller. CSIF obtivo 26, por 17 de CCOO, 13 de UXT e 19 de Sepga.

CIG gañou as eleccións sindicais realizadas entre o persoal funcionario da Xunta, ao obter 46 das 121 delegadas que se escollía. Podían votar nestes comicios sindicais máis de 10.400 persoas. A central nacionalista revalidou así a maioría que lograra nas anteriores eleccións, 2015, cando atinxira 51 representantes. “Perto de 80% dos traballadores e traballadoras que participaron no proceso qpenalizou co seu voto CCOO e UGT, os dous sindicatos que asinaron o pacto de concertación do emprego público”, valorou o sindicato gañador.


Foi a CIG a forza máis votada en catro das cinco xuntas de persoal: servizos centrais, A Coruña, Lugo e Pontevedra, mentres que en Ourense quedou en segunda posición con 6 representantes.


Unha nova forza, o Sindicato de Empregados Públicos de Galicia (Sepga), conseguiu 19 delegadas. “Trátase dun sindicato corporativo impulsado polo lobby dos subdirectores/as xerais”, sinalan dende a CIG.

Comentarios