Galiza ten agora 144.000 traballadores xóvenes menos que antes da crise

Os salarios que cobran caeron até en 24%

emigracion aeroporto mocidade. (Foto: Nós Diario).

O actual escenario laboral en Galiza para a mocidade non está para botar foguetes malia os datos e estatísticas que apuntan a unha recuperación da economía. A realidade, para as persoas asalariadas de menos de 35 anos, é mesmo máis dura agora que nos comezos da crise. Os e as traballadoras que están no tramo de idade de 18 a 35 anos foron dos máis golpeados. Un ‘baleiro’ no mercado laboral galego reflicte esa dureza: o baleiro que deixan as 144.000 persoas asalariadas menos con esas idades que hai agora a respecto de 2009. E, ademais, os salarios que perciben – xa de por si baixos- sufriron un notábel recorte.

Os datos do ‘Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias’, da Axencia tributaria, que o aparecen no informe sobre salarios da CIG, non deixan moita marxe para a dúbida. En 2016 hai 42.000 asalariados menos de entre 18 e 35 anos que en 2009. Daquela eran 120.339 persoas e agora apenas acadan as 79.900. Aliás, o salario medio anual (SMA) que perciben é tamén moi inferior ao de 2009. Entón era de 8.341 euros, agora é 6.311. Unha caída de 24%.

Outro tramo, o das persoas asalariadas de entre 26 e 35 anos, tamén saíu prexudicado dos anos duros da crise. Son agora 224.847 persoas cando en 2009 eran case 327.000. Perdemos, logo, case 102.000 asalariados neste período. E o salario medio anual agora, 14.000 euros, está por baixo do de entón, 15.500, en 10%.

“Non só os salarios da mocidade son os máis baixos no ano 2016, senón que son os que máis descenderon con respecto a 2009 (un 43.2% menores para os menores de 18 anos e un 24,% menos para entre 18 e 25 anos), moi por encima da media do descenso xeral 

Comentarios