martes 07/12/21

Galiza rexistra un descenso do paro e o aumento da ocupación, segundo a EPA

Os dados da EPA referidos ao terceiro trimestre de 2015 rexistran un descenso do desemprego de máis do 13% a respeito de 2014. 

Fileira desemprego

O INE fixo públicos esta quinta feira a Enquisa de Poboación Activa (EPA) do terceiro trimestre. Segundo o estudo, na Galiza o paro descendeu en 29.600 persoas a respeito do período anterior (-11,74%) e en 35.400 en relación ao 2014. 

Aliás, sinala un incremento da taxa de ocupación con 29.100 persoas máis (2,88%) o que sitúa o desemprego en 222.800. 

A contratación temporal aumentou o 7% a respeito do mesmo período en 2014 e supón o 70% do total

Porén, a tendencia continúa a amosar un importante incremento da temporalidade nas contratacións. Neste senso, a respeito do trimentre anterior a cifra de contratos indefinidos baixou o 3,4%, unha porcentaxe que aumenta se a comparamos co mesmo período de 2014 (-7,6%). En troca, a contratación temporal, que representa o 70% do total, continúa en aumento, até o 11,1% en relación ao terceiro trimenstre de 2014. 

Por idades, o desemprego xuvenil descendeu o 4,7% embora atinxir 53.900 persoas (o 29,6% das persoas activas entre os 16 e 29 anos). A respeito do ano anterior esta cifra supón o 7% menos. 

No conxunto do Estado español a cifra de persoas desempregadas reduciuse en 298.200 persoas situándose por baixo dos 5 millóns, o que representa o 21,18% da poboación. 
 

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Galiza rexistra un descenso do paro e o aumento da ocupación, segundo a EPA
comentarios