Galiza marcha no 1º de maio polos dereitos da clase traballadora

Centos de persoas percorreron as rúas das principais vilas e cidades do país contra as políticas neoliberais e en defensa do dereito a un traballo digno.

Entre as 11:30h e as 12:00h deron comezo as mobilizacións convocadas polas organizacións sindiciais nas principais vilas e cidades galegas. Milleiros de persoas percorreron as rúas do país na defensa do dereito ao traballo e a unhas condicións laborais dignas. Só na cidade de Vigo, segundo a cifra facilitada pola CIG, participaron 10 mil persoas.

Sectores en conflito como o cadro de persoal das empresas subcontratadas por Telefónica/Movistar, que manteñen unha greve indefinida, os bombeiros de Galiza ou traballadoras e traballadores da Citroën tamén tiveron presenza nas mobilizacións de Ferrol, A Coruña ou Lugo. 

Pola súa banda, vilas como Vilagarcía ou Ribadeo, na Mariña, tamén acolleron senllas convocatorias.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Berros de 'Fóra a Troika da Galiza' e 'Feijóo, cacique, Galiza vai a pique' acompañan a manifestación central de Vigo. 

 

Comentarios