Fruga recorre perante a TSXG a orde de axudas da PAC por prexudicar o sector

A Federación Rural Galega considera que é “lesiva”, sbre todo para as miles de explotacións leiteiras do país.

rural

A Federación Rural Galega (Fruga) recorreu a orde da Consellería de Medio Rural e do Mar sobre as axudas directas da Política Agraria Común (PAC) por entender que é “gravemente” prexudicial para os intereses do sector galego do agro. Este sindicato entregou un escrito no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) no que demanda que se cambie a normativa actual.

Manuel Dacal, coordenador da Fruga, explicou que o documento diríxese contra a orde da Xunta que regula as axudas directas da PAC pois etenden que prexudica gravemente os intereses dos labregos e agricultores galegos, nomeadamente do sector do leite.

Faino con “grandes custos” unidos a “perdas de produción” e do “rendemento” que fan que o sector teña. Afirma a Fruga, máis dificultades que noutros puntos da xeografía nacional a millo non se poda declarar a herba. Afecta ao 65 % das explotacións de leite e ao 85% de onde se sementa”.

“Ao optar a Consellería por obrigar a deixar o 25% da terra de cultivo sen botar millo, 57 mil hectáreas na Galiza, o que está a provocar é que aínda se encarezan mais os custes de produción nun sector, como o do leite, que está a atravesar unha grave crise de prezos. Este encarecemento aínda se pode pór mais en evidencia na próxima campaña, cando as nosas granxas padezan a falla de forraxes motivada por esta restrición. Necesidade que se vai ter que satisfacer importando millo forraxeiro de fora da Galiza, inicialmente en Castela-León. Deste xeito estase a favorecer a agricultura de fora da Galiza e prexudicando enormemente á nosa”.

Comentarios