Fruga homenaxea Emilio López 'Milucho' por contribuír ao agrarismo nacionalista

O acto terá lugar este sábado 1 de febreiro no transcurso da súa III Asemblea Nacional 
Emilio López, "Milucho", e Mariña (TeT)
photo_camera Emilio López, "Milucho", e Mariña (TeT)
A Federación Rural Galega (Fruga) rendirá este sábado 1 de febreiro no transcurso da súa III Asemblea Nacional unha merecida homenaxe a Emilio López, “Milucho”, pola súa contribución ao agrarismo nacionalista galego. Primeiro de sete irmáns, pasou polo Seminario de Lugo entre 1972 a 1977 para logo estudar Socioloxía na Universidade Complutense de Madrid. En Monforte entra en contacto co nacionalismo galego con Manuel María e Lois Diéguez. Comeza a colaborar coas Comisións Labregas na clandestinidade e forma parte da súa dirección nacional desde o seu inicio até 1993, ocupando primeiro a Secretaria de Zona de Lugo e logo como secretario xeral. Foi deputado do BNG e delegado de Medio Rural en Lugo.

Comentarios