martes 09/03/21
Declaración de Bilbao

Fronte común do sindicalismo galego, vasco e catalán na defensa da xustiza social e o dereito a decidir

CIG, ELA, LAB e Intersindical-CSC reclaman ao Goberno do Estado español a derrogación das reformas laborais e de pensións, a recuperación dos dereitos “arrebatados” na crise e a fin da “centralización” en lexislación laboral e negociación colectiva.

CIG, ELA, LAB e I-CSC reclaman a derrogación total das reformas, a recuperación dos dereitos arrebatados á clase traballadora, e “o dereito a decidir no noso ámbito o modelo de relacións laborais, pensións e o sistema de protección social”. Os primeiros maioritarios na Galiza (CIG), Euskal Herria (ELA e LAB) e o catalán I-CSC reuníronse en Bilbo esta cuarta feira para tecer unha “fronte” común que demande do Goberno español “democracia, soberanía e xustiza social”.

As catro centrais subscriben a ‘Declaración de Bilbao’, na que fan ficanpé en que “nas nosas nacións asistimos a un proceso constante de precarización laboral e social que se estende a todos os ámbitos da vida”.

O auxe que numerosas loitas están coñecendo nestes tempos (pensionistas, feminismo, movemento climático, conflitividade laboral e folgas) alimentan o mellor da sociedade

“Acreditamos que o sistema actual non é sostíbel”, proseguen, e responsabilizan  desta situación “á teima dos gobernos nas políticas de austeridade, unha axenda neoliberal que deixa de lado a urxente transición social, ecolóxica, feminista e democrática do propio sistema, compartida ademais polos Gobernos autonómicos”.

Fan referencia tamén no documento ao “auxe da extrema dereita e a deriva cara ao autoritarismo de boa parte do o arco político”, así como “á inexistencia dunha solución política no recoñecemento do dereito á autodeterminación”.

 Catro puntos

As reivindicacións destas catro forzas sindicais ao Goberno de PSOE e Unidas Podemos, resúmena en catro puntos: O primeiro, unha axenda social “inequívoca” e que pasa por reverter as reformas de pensións e as reformas laborais.

Estamos convencidas de que só unha axenda desta natureza, ambiciosa e audaz, poderá poñer freo ao auxe do neofascismo que se estende en Europa e no Estado español

“Reclamamos o dereito a decidir no noso ámbito o modelo de relacións laborais, pensións e o sistema de protección social”, indican estes sindicatos. Nesta liña, demanda que se derroguen as reformas da negociación colectiva “que deron ás á estatalización das relacións laborais e, con iso, a dar máis amplitude á precariedade e aos baixos salarios”.

A terceira reivindicación é a dunha “axenda democratizadora ampla”, que pasa pola derrogación da Lei mordaza e o artigo 315.3 do Código Penal “que criminaliza o movemento social e sindical, a folga, a protesta e a reivindicación”.

A primacía da política para resolver os conflitos nacionais, “como o que enfronta a Catalunya e a o Estado”, é a última demanda, na que tamén instan o Executivo a poñer en liberdade as e os presos políticos cataláns, poñer fin a política penitenciaria de excepción que lles aplican as e os presos políticos vascos e galegos, e recoñecer o dereito a autodeterminación.

comentarios