A CONCESIONARIA DEPENDE DO MINISTERIO DE DEFENSA

Folga en Cleanet após 3 meses sen cobrar

O cadro de persoal da coincesionaria convoca folga o 29 de decembro para exixir os salarios adebedados.

Até 3 salarios pendentes suman @s operari@s de Cleanet, empresa concesionaria do servizo de limpeza das instalacións dependentes do Ministerio de Defensa. 

Após sucesivos paros e mobilizacións, que se prolongan desde o mes de novembro, a empresa e o goberno español continúan sen dar solución ao conflito laboral, embora os incumprimentos de Cleanet permitirían ao Ministerio de Defensa rescindir o contrato, afirman as organizacións sindicais con representación no comité de empresa (CIG-CC.OO-UGT). 

Esta segunda feira (29 de decembro) as traballadoras e traballadores volverán exixir o pagamento dos seus salarios, para alén da folga, cunha concentración (10.00h) perante as instalacións deportivas de Campolongo desde onde marcharán en manifestación até a Subdelegación de Goberno. 

Comentarios