A folga en Alcoa ten un seguimento do "100%"

O comité agradece o apoio do tecido comercial e hosteleiro da comarca ao paro. 
Alcoa Carlos Castro Europa Press
photo_camera Corte de vías do tren (Foto: Carlos Castro / Europa Press)

Seguimento de "100%" na folga en Alcoa contra o despedimento colectivo na planta de aluminio, nunha xornada de protesta que comezou con barricadas nocturnas e a queima do panel de entrada da fábrica, así como co corte da vía de tren que discorre pola factoría.

En declaracións a Europa  Press, o presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio  Zan, destaca o apoio total á folga do persoal das fábricas de aluminio e  alúmina, así como das auxiliares, á vez que agradece o apoio de establecementos da comarca co peche das súas portas.

"Sabemos que nos están apoiando os comercios e autónomos e os empresarios da Mariña, incluídos os concellos Xove, Cervo e Viveiro que tamén puxeron día de folga para hoxe", apunta.

Así, avisa de que "o primeiro que ten que facer o Goberno é tomar nota e facer o seu traballo". "Xa estamos fartos de ter que saír á rúa para defender o que é bo para a comarca ", afirma.

"Aos políticos éncheselles a boca cun pacto social entre empresarios e axentes sociais, aquí fixemos un pacto social sen necesidade de negocialo", reflexiona  Zan.

Fronte á Xunta

Ao mediodía os traballadores farán unha concentración perante a sede central da Xunta, en Compostela. Posteriormente, reuniranse co conselleiro de Economía, Francisco Conde.

Comentarios