A Fiscalía pide 12 e 15 meses de cárcere a 2 traballadores de Alu Ubérica pola protesta ante o Congreso

Protesta ante o Congreso

"Os delincuentes dirixen as fábricas e a quen acusan é os traballadores", denuncia o presidente do comité de empresa

A Fiscalía pide 12 e 15 meses de cárcere para dous traballadores da planta de  Alu Ibérica da Coruña -antiga Alcoa- pola protesta de marzo de 2019 en defensa da planta ante o Congreso dos Deputados.

Diso informou o presidente do comité de Empresa de  Alu Ibérica, Juan Carlos López Corbacho, quen explicou que para el o ministerio público solicita 12 meses de cárcere por un delito de resistencia á autoridade. Ademais, ao outro traballador engádelle o de "atentado" polo que eleva a petición a 15 meses.

Estas peticións "ratifican", segundo indicou o secretario  xeral de Federación de Industria de Comisións Obreiras, Víctor Ledo, a petición da xuíza de Instrución 25 de Madrid e, polo momento, non hai data para o xuízo oral.

"Os delincuentes dirixen as fábricas e a quen acusan é os traballadores", denunciou o representante do persoal, que cualifica de "inaudita" a situación. "Estabamos a defender os nosos postos de traballo" nunha concentración, resalta, "que estaba legalmente organizada", apunta Corbacho.

Segundo os traballadores, non "arremeteron" contra os axentes da Policía e, ao contrario, afirman que foron "vítimas" dunha carga "desproporcionada". "Foi unha  encerrona o que nos fixeron alí", engadiu López Corbacho, que considera que os atestados nos que se basea o informe de Fiscalía son "de dubidosa redacción".