Finsa presenta un ERTE que afecta 1.600 traballadores e traballadoras en Galiza

O plan da madereira afecta a 80% do seu cadro de persoal nas catro plantas que ten na Galiza.
Fábrica de Finsa

Fábrica de Finsa

  (Foto de ARCHIVO)

22/2/2017
photo_camera Interior da fábrica da Finsa en Compostela (Foto: Europa Press).

O grupo madeireiro Finsa presentou un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) por "causas produtivas" nas súas catro plantas na Galiza, que afecta a un total de 1.609 empregados, arredor de 80% do seu cadro de persoal.

O ERTE debido á crise do coronavirus ten unha duración determinada, até o 30 de abril, que afectará a: 808 empregados na planta principal de Compostela; 384 empregados, en Rábade (Lugo); 280, en Padrón (A Coruña); e 137, en San Cibrao das Viñas (Ourense). Pola súa banda, arredor de 335 persoas continuarán teletraballando.

Segundo traslada a compañía, a cobertura no mes de marzo é de até un 90% de complemento do salario, 80% de pagas extras e 100% de vacacións. En abril, cóbrese até un 85% de complemento de salario, tamén 80% de pagas extras e 100% de vacacións.

Ademais, mantense unha comisión específica de prevención de risco en cada fábrica para a supervisión de protocolos e medidas de seguridade para os que teñan que traballar.

Os empregados de cadro que continúan co seu traballo son aqueles que poden realizar teletraballo, mentres que os afectados polo ERTE son principalmente operarios das fábricas.

Comentarios