mércores 08/12/21

Ignacio Fernández Toxo renuncia a ser reeleito e deixa a secretaría xeral de Comisións Obreiras após 9 anos no cargo. O nome que soa para suceder o ferrolán é o vasco Unai Sordo, actual secretario xeral do sindicato en Euskadi, o preferido polo propio Toxo.

Toxo comunicou a súa decisión no Consello Confederal de CCOO que este sábado decorre en Madrid, segundo informaron fontes presentes nese conclave. Deste xeito, Fernández Toxo non optará a recuncar no posto no XI congreso de Comisións, que terá lugar o vindeiro mes de xuño.

Nado en Ferrol en 1952, Toxo foi elixido por primeira vez en decembro de 2008, cando por só 28 votos de diferenza arrebatoulle o cargo a José María Fidalgo. En febreiro de 2013 foi reeleito cun apoio superior ao 85% dos delegados.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Fernández Toxo deixa a secretaría xeral de CCOO
comentarios