Sinistralidade laboral: un operario ferido no Carballiño e tres en Pontevedra

No Carballiño, ao llecaer enriba unha peza metálica e na cidade pontevedresa polo derrube dun muro.
Chomplexo Hospitalario Universitario de Ourense (Foto: Nós Diario).
photo_camera Hospital de Ourense

Catro operarios feridos na mañá de hoxe na Galiza en sinistros laborais que tiveron lugar no Carballiño e Pontevedra. 

Un operario foi trasladado en helicóptero medicalizado até o Hospital de Ourense despois de que lle caese enriba unha peza metálica de grandes dimensións mentres traballaba no Polígono Industrial A Uceira, no concello do Carballiño.

Así o informou o 112 Galiza, que relatou que o servizo de emerxencias tivo constancia dos feitos ao recibir a chamada de alerta dunha persona particular ás 9:00 horas desta segunda feira.

Durante a comunicación, o alertante solicitou asistencia médica urxente para un traballador que resultou ferido ao ser golpeado nunha das súas extremidades por unha peza metálica circular duns dous metros de diámetro.

De inmediato, procedeuse á mobilización da aeronave medicalizada con base en Ourense. Ademais, por parte do 112 solicitouse igualmente a intervención dos Bombeiros do Carballiño ante a posibilidade do traballador atoparse atrapado debaixo da peza.

Finalmente, os efectivos do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento confirmaron que o operario estaba liberado, pero, aínda así, tiveron que intervir para axudar o ferido. O traballador foi evacuado na helicóptero até o centro hospitalario.

Feridos tres operarios ao lles caer enriba un muro nunha obra en Pontevedra

Tres operarios resultaron feridos en Pontevedra ao caerlles enriba un muro mentres traballaban nunha obra nas proximidades da Rúa Luís Seoane de Pontevedra na mañá de hoxe.

Segundo informou o 112 Galiza, este accidente laboral tivo lugar sobre as 11:00 horas e foi un veciño da zona quen deu a voz de alarma despois de ser testemuña do incidente e comprobar que os traballadores necesitaban asistencia médica.

O traballo do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) sobre sinistralidade laboral na Galiza en 2019 non vén dicir nada novo mais o que di, igual que os informes de 2018, 2017, de 2016 e de todos os anos anteriores, é abondo preocupante. A sinistralidade laboral é un fenómeno enquistado no mercado laboral galego, cos seus índices de incidencia por riba da media estatal, xa de por si preocupante de comparármola coa europea.

Comentarios