Fechamento no concello de Cerceda para pedir que se garanta a actividade a continuidade do emprego en Meirama

DU8azVDXcAADQtw
photo_camera Comité de empresa

O comité de empresa de Meirama fechouse no concello de Cerceda para exixir de Gas Natural os investimentos necesarios para dar cumprimento á directiva europea que obriga a reducir as emisións contaminantes e que a central poida seguir funcionando máis alá de 2020. De Meirama dependen 100 postos de traballo directos, outros tantos das auxiliares e os negocios xerados arredor da empresa.

Tamén demandan da Xunta que presione á multinacional para que cumpra cos seus compromisos e do concello que aprobe unha moción en apoio á continuidade da actividade e do emprego. De Meirama dependen 100 postos de traballo directos, outros tantos das auxiliares e os negocios xerados arredor da empresa.

Bautista Vega Tato, presidente comité, lembra que en xaneiro de 2015 o Consello de Administración de Gas Natural acordou realizar as obras de transformación necesarias para adaptar ás exixencias comunitarias a central de carbón de Meirama. “Daquela o Presidente da Xunta apresurouse a anuncialo en rolda de prensa acompañado polo propio Gabarró. Agora queremos que se lembre disto e obrigue á empresa a cumprir”.

Afirma tamén que Galiza, durante moitos anos, “sufriu as consecuencias da produción de enerxía eléctrica por queimar lignito pardo e seguimos pagando a corrente como todo o Estado, a pesar de que hai comunidades que non producen un só quilowatio”. Porén, denuncia, “agora que se podería producir reducindo moi considerablemente a contaminación, por falta de investimento, podería obrigarse a pechar a planta de Cerceda”.

Comentarios