Falece un mariñeiro dun pesqueiro galego após caer á auga cando faenaba no Gran Sol

O barco arrastreiro diríxese agora a Vigo, onde ten o seu porto base.
Foto do pesqueiro 'Novo Alborada' (Foto: Ministerio de Pesca).
photo_camera Foto do pesqueiro 'Novo Alborada' (Foto: Ministerio de Pesca).

Un tripulante do pesqueiro vigués Novo Alborada faleceu tras caer á auga cando faenaban a 165 millas das illas Sorlingas, no caladoiro do Gran Sol.

Segundo informou Salvamento Marítimo a través das súas redes sociais, o corpo do pescador falecido foi recuperado da auga esta cuarta feira e atópase a bordo do pesqueiro no cal traballaba.

O barco arrastreiro diríxese agora a Vigo, onde ten o seu porto base.

Tras coñecerse a noticia, o delegado do Goberno español na Galiza, José Miñóns, trasladou o seu pesar pola morte deste traballador e púxose a disposición da armadora para prestar "todo o apoio necesario".

Comentarios