Falece un operario tras caerlle encima un palé cargado no Porriño

O accidente laboral aconteceu á última hora deste sábado no Polígono da Granxa do municipio vigués.

granxa
photo_camera Polígono da Granxa, no Porriño (poligonoagranxa.com)

Un home faleceu á última hora da mañá deste sábado despois de caerlle encima un palé cargado mentres traballaba, informa Europa Press.

O accidente laboral aconteceu no municipio do Porriño (Vigo), segundo informou o 112 Galiza, que tamén precisou que o falecido estaba traballando no Polígono da Granxa.

De momento os efectivos responsábeis investigan o que puido suceder. Até a zona desprazáronse os servizos de Urxencias Sanitarias 061, Garda Civil, os Bombeiros de Baixo Miño, Protección Civil e a Policía Local do municipio.

Comentarios