Falece un operario após caer dunha plataforma elevadora en Mañón

O home caeu desde unha altura duns catro metros e traballaba nunha construtora.
Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
photo_camera Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)

Un operario faleceu na mañá desta cuarta feira na localidade de Mañón (comarca de Ortegal) após caer desde unha plataforma elevadora mentres traballaba nunha empresa de construción e servizos.

Tal e como informaron á axencia Europa Press fontes do 112-Galiza, os feitos ocorreron contra as 10 horas desta mañá e foi un particular o que alertou os servizos de emerxencia. Esta persoa aseguraba que un home caera dunha altura duns catro metros mentres traballaba na parroquia de Bares, en Mañón.

Unha vez no punto, os servizos sanitarios de emerxencia non puideron facer máis que confirmar o falecemento do home. No operativo tamén se solicitou a intervención da Garda Civil e da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Mañón.

Comentarios