Un operario faleceu na mañá desta terza feira tras caerlle encima unha árbore mentres traballaba no municipio de Lugo. En concreto, segundo a información do CIAE 112-Galiza, o suceso tivo lugar na parroquia de Camoira, máis concretamente no lugar de Maira.
Foi un compañeiro do falecido o que chamou a emerxencias para alertar do suceso. Até a zona desprazáronse efectivos de Policía e do corpo de Bombeiros de Lugo, así como persoal de Urxencias Sanitarias da Galiza-061, que non puido facer nada por salvar a vida ao home.