Extel pretende despedir 205 traballadores na Coruña

É o 58% do persoal afectado polo ERE da teleoperadora en todo o Estado.

14-01-08 Paro Extel

Extel pretende despedir 205 traballadores no seu centro da Coruña no marco do expediente de regulación de emprego (ERE) que afecta a 355 empregados en todo o Estado. O peso principal do expediente, pois, recae na cidade galega, que soportará o 58% dos despedimentos. Un de cada cinco traballadores de Extel na Coruña (onde ten 900 traballadores) terá que ir ao paro, segundo os plans da empresa. A compañía de telemarketing prevé botar 104 empregados en Zaragoza, 29 en Alcobendas, 13 Hospitalet e 4 en Málaga.

A empresa tivo 1,5 millóns de euros de beneficio en 2015 e 1,6 millóns en 2014. Factura máis de 80 millóns anuais

A maior parte dos despedimentos na Coruña afectarán a teleoperadores (182), aínda que o ERE tamén afecta a coordenadores (12), formadores ou xestores, entre outros. Esta quinta feira hai convocado un paro no marco das mobilizacións do sector de centros de chamada (8.000 traballadores na Galiza) contra o bloqueo do convenio colectivo.

Extel Contact Center  está controlada desde Suiza pola matriz Adecco SA, fechou o ejercicio 2015 con beneficios de 1,5 millóns de euros, y o 2014 con ganancias de 1,6 millóns. Factura máis de 80 millóns anuais.

Desde a sección sindical da CIG rexeitan absolutamente o ERE e acusa a Movistar-Telefónica –multinacional para a que a Extel presta servizos- de despedir traballadores en Galiza para deslocalizar os servizos de atención telefónica a terceiros países. 

Comentarios