Os ERTEs solicitados na Galiza xa superan os 4.200

Os expedientes temporais de regulación de emprego multiplicáronse por 5 en apenas 48 horas. 
Competencia multou as industrias con 80,6 millóns de euros (Capsa).
photo_camera Imaxe de arquivo

Os Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) non deixan de aumentar nas últimas horas e xa supoñen un total de 4.239 os presentados en Galiza desde o inicio da crise polo coronavirus.

Estes son datos da Consellería de Economía, Emprego e Industria facilitados a data desta sexta feira, aínda que non especifica o número exacto de traballadores e traballadoras afectados por ERTE, mais xa son miles .

A pasada sexta feira presentáranse 630 ERTE , polo que estas cifras supoñen multiplicar por sete os expedientes na Galiza con 48 horas de diferenza.

Un dos últimos en coñecerse e de gran alcance é o de Bosch Service Solutions, que expón un ERTE a máis de 1.300 dos empregados cos que conta en Vigo durante seis meses.

Sectores de especial importancia en Galizacomo o téxtil recorren a esta figura. Esta sexta Adolfo Domínguez decidiu ampliar o seu ERTE aos 145 empregados da súa sede de San Cibrao das Viñas.

Inditex

Mentres, Inditex avanzou que presentará un ERTE a partir do 15 de abril para os 25.000 empregos de tendas, o cal activarase unicamente se se prolonga o estado de alarma decretado polo Goberno español.

A este respecto, a CIG tacha de "sanguento" que Inditex teña previsto levar a cabo un ERTE "a pesar dos seus enormes beneficios", de 3.639 millóns no último exercicio. "Só unha parte deste incremento de beneficios permitiría a esta multinacional sufragar os gastos de persoal mentres dura a actual situación de alarma", recrimina.

Comentarios