Eventuais do sector público galego móvense contra a “precarización”

Maniféstanse en Santiago de Compostela por terceiro ano consecutivo.

photo_camera Imaxe dunha mobilización anterior. Imaxe: Sagap

Por terceiro ano consecutivo, traballadores eventuais do sector público en Galiza manifestáronse en Santiago contra a “precarización laboral. Unha marcha na que as persoas participantes –que portaban globos de cores- criticaron a actitude da administración, á que sinalan como responsábel da temporalidade, parcialidade e precariedade de miles de  empregados.

Un eventual opu interino é “un traballador precario”, denunciaron os diferentes colectivos que apoiaban a marcha ao tempo que solicitaban o apoio da sociedade na defensa do seus dereitos.

Critican os contratos por días e mesmo por horas que se está a dar en sectores como a sanidade pública, e lembran que se acumulan as sentenzas que culpan a administración do que acontece cos traballadores e traballadoras eventuais.

Comentarios