Expediente temporal de regulación de emprego

ERTE en Citroën: de 100 días para 800 operarios ou eliminar unha quenda e 50 días para 400

Citroen PSA
photo_camera Citroen PSA

A dirección de PSA-Citroën de Vigo propuxo esta segunda feira aos sindicatos os puntos chaves do expediente de regulación de emprego temporal (ERTE) que aplicaría a inicios de 2019 para facer fronte á baixa demanda de modelos que se fabrican nesta planta.

Sobre a mesa, dúas posibilidades: ERE temporal de 100 días para 800 traballadores ou ben suprimir unha das dúas quendas da liña 1, onde se fabrican Peugeot 301 e Citroën C-Elysee – os afectados pola baixa demanda- e entón o ERTE sería de 50 días e para 400 operarios.

En caso de finalmente callar esta segunda proposta, o ERTE será rotativo entre todos os traballadores e traballadoras desa liña.

Comentarios