O ERE en Unicaja afecta 18% do persoal da entidade na Galiza

Esta sexta feira, primeira xornada de folga contra o expediente.

unicaja eiropa press
photo_camera (Foto: Europa Press)

As oficinas de Unicaja encaran esta sexta feira a primeira xornada de folga convocada polos sindicatos en protesta polo ERE exposto pola  entidade financeira, que afecta ao 18% do persoal que traballa nos 9 centros que ten na Galiza.

Nun comunicado, UXT chama á mobilización dos traballadores para expresar o seu malestar contra un ERE que cualifican de "salvaxe" e que supón o despedimento de 1.513 empregados en todo o Estado español, ademais dunha "homologación á baixa" nas condicións laborais e a fixación dun  réxime de traslados "moi afastado" do establecido no convenio  colecti-vo.

Así o remarca a central sindical, que sitúa en 18% do persoal dos nove centros de Unicaja na Galiza os afectados polo ERE exposto desde a compañía.

Ademais de apelar aos empregados para secundar a folga, UXT pide  comprensión á cidadanía que poida verse afectada polos paros.

"A prestación dun servizo de calidade ás usuarias e usuarios esixe que Unicaja Banco non destrúa emprego en Galiza. Só unha  participación masiva e contundente na xornada de folga, logrará cambiar o rumbo da empresa na mesa de negociación", incide UXT nun comunicado.

A banca destruíu 5.500 empregos e fechou máis da metade das oficinas na última década na Galiza

As entidades de crédito perderon 5.500 traballadoras e traballadores na última década na Galiza. Os procedementos de despedimento colectivo anunciados polo Banco Santander, BBVA e Caixabank van significar a perda de practicamente 600 empregos nos próximos meses na Galiza. Á cabeza das saídas sitúase o grupo Santander, a segunda entidade do país, cunha forte presenza territorial derivada da absorción do Banco Pastor e que vai desfacerse de 370 empregadas e empregados e fechar arredor de 80 sucursais.

Ao tempo, os Expedientes de Regulación de Emprego (ERE) actualmente en fase de consulta adiantan 111 despedimentos no BBVA e entre 90 e 100 en Caixabank, o terceiro operador bancario da Galiza.

Comentarios