O ERE do Banco Santander afecta 68 traballadores e 46 oficinas na Galiza

Unha concentración da CIG pediu a retirada do expediente de regulación de emprego. A entidade tivo uns benefiicios en 2015 de 6.000 millóns de euros.

banco santander CIG

A CIG-Banca realizou unha concentración diante da oficina principal do Banco Santander na Coruña para rexeitar o ERE extintivo que a entidade pretende aplicar, e que en Galiza afectará a 68 traballadores e suporá o feche de 46 oficinas. O Santander procura facer efectivo o expediente a través de prexubilacións e despedimentos. A entidade obtivo uns beneficios durante o pasado ano de 6.000 millóns de euros, lembra o secretario da Sección Sindical da CIG no Santander, Manuel Valcárcel, que denuncia que os traballadores realizan ducias de horas extraordinarias non declaradas

“A empresa ten intención de executar o expediente no menor tempo posíbel e os prazos van aceleradísimos”, afirma, apontando que a intención da dirección é ter listo o período de consultas en 15 días, e por iso estanse a celebrar mesmo tres reunións á semana. Unha urxencia que a CIG critica, xa que imposibilita estudar en profundidade toda a documentación referente ao ERE.

Comentarios