EPA: a creación de emprego en Galiza, ao ralentí

Oficina de emprego
photo_camera Oficina de emprego

Publicouse a Enquisa de Poboación Activa (EPA) do cuarto trimestre de 2017 e xa podemos ter unha visión más concreta e real do que supuxo o ano pasado en materia de emprego. O paro aumentou nos últimos tres meses a respecto do trimestre anterior, unha suba en 400 persoas, mais en comparativa interanual [isto é, comparar a EPA do IV Trimestre 2017 coa do IV Trimestre de 2016] vemos que houbo un  descenso no número de desempregos en 10.800 persoas. Reduciuse a cifra de persoas en paro en 10,8%, catro décimas por baixo do ritmo español, onde esa baixada foi de 11,2%.

Porén, a gran diferenza témola na creación de empregos. A EPA indícanos que durante todo 2017 creáronse no noso país 6.200 empregos, o que supón un incremento de 0,6%. Un ritmo moi inferior ao que aconteceu no Estado, onde ese aumento foi de 2,65% (estamos falando de 490.300 empregos).

Na actualidade, o número de persoas ocupadas en Galiza supera o millón de persoas (1.055.800), unha cifra que non atinxiamos desde o inicio da crise. Ún bo indicador mais que non pode ocultar outros que son ben preocupantes, como que a taxa de actividade en Galiza estea 6 puntos por baixo da española, por exemplo.

Comentarios