A EPA constata a destrución de 13.000 empregos na Galiza no primeiro trimestre

O desemprego aumenta até 12,6%.

grúas construción obras traballo

A Enquisa de poboación activa (EPA) tamén recolle o impacto da crise provocada pola pandemia do coronavirus, se ben hai que ter en conta que esta ferramenta non recolle toda a complexidade dos efectos laborais desa crise.

A EPA do I trimestre de 2020 indica que na Galiza se destruíron por volta de 13.000 empregos (285.600 no conxunto do Estado). A poboación ocupada galega caeu en 1,18% e a taxa de paro aumentou até 12,65% cando no IV trimestre de 2019 estaba en 11,7%, case un punto menos.

A enquisa recolle que o número de persoas desempregadas na Galiza é de case 157.000 persoas cando mo anterior trimestre non chegaban a 146.000. Deuse un aumento de 7%.
 

Comentarios