Marcada polos servizos mínimos do 100%

Enceta a greve na Central de Coordinación do 061

O persoal que traballa na Central de Coordinación do 061 iniciou unha folga indefinida que está marcada polos servizos mínimos do 100%, critica a CIG.

WhatsApp Image 2018-08-04 at 12.16.35

O sábado comezou a folga indefinida do persoal da Central de Coordinación do 061, que xestiona a empresa Grupo Norte e que ese encarga de atender o centro de chamadas do servizo de Urxencias Sanitarias dependente da Xunta de Galiza.

As traballadoras e traballadores reclaman unha compensación xusta polo traslado forzoso do seu centro de traballo desde Santiago á Estrada.

O inicio do paro estivo marcado polo abusivos servizos mínimos decretados pola Administración pública, xa que son do 100%. Contra esta decisión solicitouse unha medida cautelar ao Xulgado para evitar a vulneración do dereito de folga, informa a CIG.

As empregadas e empregados de Grupo Norte aproveitaron a primeira xornada de folga, que se materializará mediante paros parciais todas as segundas feiras, sábados e festivos de 12.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 21.00 horas, para desenvolver unha concentración ao mediodía diante das instalacións do servizo en San Marcos na que participou boa parte do persoal.

Comentarios