Seis empresas condenadas a indemnizar o traballador

Un operario traballou 1.168 horas extras en 10 meses sen as cobrar

Deberán pagarlle perto de 11.000 euros.

vilavella
photo_camera vilavella

Esta sexta feira haberá concentracións en Ourense (12:00 Concello de Verín e 12:45 no túnel de Cerdedelo, en Laza) contra a alta sinistralidade laboral nas obras do AVE e a precariedade laboral na construción deste tramo da alta velocidade en Galiza. Convocadas pola CIG, os protestos veñen acompañadas dunha noticia que para o sindicato nacionalista exemplifica esas condicións: seis empresas do AVE deberán pagar conxuntamente 11.000 euros a un operario que tivo que realizar 1.168 horas extras en 10 meses.

"Contratan un traballador ara que traballe a xornada que lle corresponde a dous mais pagan un único salaro", denuncia a CIG tras a sentenza xudicial emitida hai uns días polo Xulgado do Social nº1 de Ourense e que condena a UTE Portocamba, Revestimientos Túneles y Encofrados S.L., Sacyr S.A., Río Valle Construcción y Obra Pública S.L., Cavosa Obras y Proyectos, S.A., e Construcciones Mariano López Navarro.


O sindicato lamenta que perante esta realidade e embora as denuncias feitas desde sindicatos, a administración faga "ouvidos xordos" perante un problema que cualifican como "grave". "Non só mira para outro lado, senón que, por riba, ateve a mandarnos subdelegados a celebrar o avanzo das obras, como pasou o pasado 15 de outubro, tan só días despois da morte dun traballador nun accidente laboral".

Comentarios