Empresa convoca eleccións sindicais por primeira vez e despide os candidatos da CIG

O sindicato reclama a readmisión e unha indemnización para os afectados por vulneración do dereito de liberdade sindical.

non á represión sindical

A CIG denunciou publicamente a principios de semana que a empresa Transegre, con sede en Pontevedra e pertencente ao grupo catalán Valls Companys, despediu dous candidatos da CIG apenas tres días despois de que se convocasen as eleccións sindicais por primeira vez. O sindicato presentou unha demanda para reclamar a nulidade das rescisións de contrato na que solicita unha indemnización para os afectados por vulneración do dereito fundamental de liberdade sindical.

“A empresa entrevistou os empregados un a un para dicirlles que están tolos porque na empresa non queren sindicatos, e moito menos a CIG”

Segundo Xabier Aboi, dacentral nacionalista, a empresa executou os despidos tres días despois de que se tivese comunicado o inicio do proceso electoral. “ Ademais, denuncia que o cadro de persoal, integrado por máis de 20 traballadores, foi interrogado polo encargado xeral da empresa nada máis coñecer que se convocaban as eleccións sindicais. “Entrevistouse un a un con cada empregado para dicirlles que están tolos porque na empresa non queren sindicatos, e moito menos a CIG; tamén lles preguntaba se estaban afiliados e se se ían presentar na nosa candidatura”, critica.

A dirección de Transegre, afirma o sindicato, para non recoñecer que as rescisións de contrato teñen que ver co feito de que se presenten pola CIG, argumentou os despidos citando unha cláusula do Estatuto dos Traballadores que establece como causa de despido a “transgresión da boa fe contractual”. “Porén, na liquidación indemnízanos como se o despido fose improcedente, polo que recoñecen que non teñen motivos obxectivos”. Afirma tamén que a CIG optou previamente por comunicarlle á Inspección de Traballo e á Xunta o nome dos candidatos “porque xa sospeitabamos que non ían deixar que se presentasen, tendo en conta a traxectoria de persecución sindical doutras empresa do grupo, como Avícola de Galicia”.

Comentarios