“A empresa está aproveitando a crise da COVID-19 para explotar o persoal”

O Comité de Empresa de Teleperformance Coruña denuncia a situación á que están sometidas as 800 traballadoras.


 

servizo atención cliente teléfono

“A empresa está aproveitando a crise sanitaria do Covid-19 para explotar ó persoal”. Quen isto afirma é o comité de Teleperformance na Coruña, composto por CIG, CGT, CCOO, UGT e FeSMC, con base na Grela e por volta de 800 traballadores e traballadoras.

Esta empresa dá servizo “a grandes multinacionáis tanto de telecomunicacións, enerxéticas e outros servizos” e para o comité está a demostrar “a súa incompetencia e falla de investimento para implementar o teletraballo”.

Así, os sindicatos afirman que se lles “impón” un documento non consensuado nin negociado e no que se fixa que son as traballadoras “as responsábeis de todo”: teñen que poñer os “seus propios computadores” e mesmo “as “conexións a internet e electricidade sen custo algún para a empresa”.

A isto engaden que, denuncian, a dirección ameaza as empregadas con “realizar descontos en nómina polas incidencias nas conexións, aínda cando recoñecen que o centro de Coruña non estaba preparado tecnolóxicamente para que estas puidesen traballar dende a casa”.

A isto engaden que Teleperformance “chantaxea os seus empregados para que soliciten excedencias, reduzan xornadas a 100%, adianten vacacións ou compensen horas a futuro, coa correspondente perda adquisitiva que lles supón as traballadoras”.

Comentarios