O emprego estacional fai caer o paro rexistrado

O número de persoas paradas na Galiza situouse en xullo de 2015 en 216.371, o 5,54% menos que no mes anterior.

paro

O Ministerio español de Traballo vén de facer públicos os dados do paro rexistrado correspondentes ao mes de xullo. Neste senso, as Oficinas públicas de emprego sitúan o número de persoas desempregadas en 216.371 o que supón perto do 10% menos que no mesmo mes de 2014. 

A caída, de 12.691 persoas, débese principalmente ás contratacións do verán sendo que o sector servizos é o que maior redución experimenta (-8.694), seguido da industria (-1.601) e da construción (-1.528). En troca, apenas 228 persoas sen emprego anterior terían deixado de ser demandantes de emprego. 

Galiza situouse entre os territorios con maior descenso xunto con Andalucía e Catalunya. 

No último mes creáronse 13.660 contratos o que supón un incremento do 16%. Neste senso, mantense a temporalidade en máis do 90% das contratacións. 

As cifras correspondentes á media estatal sitúan o número de persoas desempregadas en 4,046.276, isto é, 74.028 menos que no mes anterior, o 8,45% menos que no mesmo mes de 2014. 
 

Comentarios