Emenda nas rúas ao pacto social

Ducias de miles de traballadoras e traballadores atinxidos pola conflitividade laboral na Galiza nas últimas semanas, unha dinámica de mobilizacións, paros e greves que semella que volta a reaxir após uns anos de decaer. A diversidade de sectores implicados e o grao de participación e seguimento nos conflitos favorece os argumentos de quen apontan na Galiza a unha nova fase mobilizadora. Escribimos sobre isto no Sermos Galiza 253.

greve metal
photo_camera Greve do metal

Foi un mes de xuño laboralmente ‘caldo’, que dirían os italianos –quente–. Había tempo que nun só mes non se concentraba tal número de greves, mobilizacións, paros e protestos. En sectores diversos, intensidades e duracións diferentes, e con repercusións diversas. Ducias de miles de traballadoras e traballadores participando en diferentes modalidades de protesto e reivindicación que nos levan a nos preguntar se estamos perante unha simple conxuntura ou ben perante algo máis serio.

4O metal das comarcas da Coruña levaba 25 anos sen ir á greve. A finais de xuño iniciou unha dinámica mobilizadora cunha máis que ampla participación entre os 18.000 traballadoras e traballadores do sector. “É é a resposta que lle temos que dar á patronal, que vexa que queremos recuperar as condicións laborais que tiñamos antes da crise", afirma o secretario nacional da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas. Os paros no transporte, con 7.000 traballadores implicados, son outros dos puntos quentes desta vaga mobilizadora.

Mais metal e transporte non son os únicos. A greve indefinida do 112, as mobilizacións en Ferroatlántica ou no sector da automoción de Vigo, a loita en Alcoa, os protestos en Lefties e outras marcas de Inditex... É unha ampla listaxe de conflitividade laboral a que saúda o comezo do verán de 2017.

[Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 253, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]

Comentarios