Embora as "presións da empresa", 90% de seguimento na greve de 24 horas en Atento- A Coruña

atento a coruña greve

A greve de 24 horas convocada na plataforma de Atento A Coruña está a ter un seguimento masivo embora “as presións da dirección para tentar desmobilizar o persoal”, segundo informa a CIG. Na quenda de noite o seguimento foi de 99% e na de maná de 90%, segundo os datos da central nacionalista, que considera que esta porcentaxe tan alta demostra que “o farto que está o persoal das prácticas de Atento, pois nin as presións da dirección "nin as mentiras e as chantaxes" coas que tentou desmobilizar o persoal deron resultado”.

As demandas dos traballadores e traballadoras pasan, entre outras, polo cesamento  dos despedimentos por enfermidade e dos despedimentos sen causa, o fin das ameazas e sancións por non acadar os obxectivos impostos de maneira unilateral pola empresa; que se dea audiencia á representación do persoal antes da imposición de calquera sanción; ou que a empresa actúe sobre a Mutua Fraternidad “para que a entidade deixe de exercer presións sobre os traballadores e traballadoras para que acurten as baixas por IT”.

Comentarios