Persoal de Alcoa San Cibrao manifestarase en Madrid o 22 de xaneiro

O comité de empresa da factoría avanza que asistirá á grande mobilización que reunirá a traballadoras e traballadores de todas as empresas de aluminio e aceiro do Estado.

Manifestación en Viveiro de apoio ao persoal de Alcoa San Cibrao (Europa Press)
photo_camera Manifestación en Viveiro de apoio ao persoal de Alcoa San Cibrao (Europa Press)

O presidente do comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao (Cervo), José Antonio Zan, adiantou que prepara  "unha grande mobilización" de "todas as empresas electrointensivas do Estado”, prevista para o 22 de xaneiro en Madrid.

Zan sinala que se traballa nesta protesta por parte “dos sindicatos", para logo "darlle forma no comité de empresa". O presidente do comité afirma que estarán todas as empresas de aluminio e de aceiro e acusa Pedro Sánchez de ser un dos causantes do posíbel peche da planta de San Cibrao pola "falta de lexislación e a falta de seriedade por parte deste Goberno".

Peche da empresa

José Antonio Zan cre que a multinacional en pouco tempo "vai a tomar decisións" e está a agardar "que estea oficialmente pechada a poxa" coa posibilidade que non continúe na Galiza. A posíbel marcha traería como consecuencia a perda de traballo de máis de 1.100 traballadoras e traballadores e "máis de 5.000 familias" que na Mariña dependen directamente da supervivencia da planta de Alcoa.

Comentarios