mércores 14/04/21

Unha ducia de sentenzas evidencian "reaccións represivas" da Xunta co colectivo Celga

O persoal docente dos cursos de galego debe ser re-admitido, segundo ditaminan sucesivas sentenzas xudiciais ás que o goberno galego xa presentou recurso no TSXG. 

Profesorado Celga

A xustiza continúa a dar a razón ao profesorado dos cursos Celga. Así, unha ducia de sentenzas xudiciais declaran a "nulidade" do seu despedimento por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística e obriga a administración a proceder á súa inmediata readmisión nos seus postos de traballo baixo a condición de persoal "indefinido discontinuo" abonándoselles, aliás, "os salarios de tramitación" que lles correspondería "de terse feito o chamamento para impartir os cursos/avaliacións" de 2014. 

Con estes ditames, senllos xulgados do social de A Coruña e Lugo ratifican o que o colectivo Celga vén denunciando hai por volta dun ano. Que existiu desde sempre unha relación contractual coa Xunta de Galiza no marco dos cursos de lingua galega para [email protected], que esta relación non se reflectía nun contrato laboral e que, após reclamaren unhas "condicións de traballo dignas" nas Inspeccións de Traballo provinciais, foron [email protected] pola Secretaría Xeral de Política Lingüística como "represalia" perante as súas reivindicacións. 

Os fallos recoñecen a relación laboral do profesorado Celga coa Xunta, declaran nulo o seu despedimento e ditan a súa inmediata readmisión

Así o recollen as sentenzas ditadas ao longo das últimas semanas e que responden ás demandas particulares presentadas por arredor de medio cento de docentes. 

A xustiza ve "represalias" na actitude da Xunta
No concreto, un dos documentos --ao que tivo acceso Sermos Galiza-- sinala que "a falta de chamamento através das listaxes" publicadas por Política Lingüistica "constitúe unha reacción fronte aos traballadores pola denuncia da CIG perante Inspección de Traballo, o que constitúe unha vulneración da tutela xudicial efectiva na súa vertente de garantía da indemnidade", afirma de maneira taxativa o tribunal. 

Co seu fallo, a xustiza non só recoñece que existía unha relación laboral "indefinida discontinua" --como ratificaron desde as Inspeccións de Traballo e unha sentenza anterior nos xulgados de Ourense-- senón que tamén evidencia o proceder contrario a dereito da Xunta de Galiza após as denuncias [email protected] [email protected] Unha "reacción" que a xustiza tilda de "represiva"

A sentenza determina que o non chamamento do colectivo para o curso 2014 é unha "reacción represiva" pola denuncia interposta 

Neste senso, continúa, "queda acreditado que se convocaron os cursos no ano 2014, que se publicaron as listaxes provisionais, que non se publicaron as listaxes definitivas do persoal habilitado para a impartición dos cursos e que os mesmos, iniciados no mes de abril de 2014, leváronse a cabo por persoal da Xunta e non por persoal das listaxes". Ao abeiro disto, acrecenta o tribunal, "cabe falar de despedimento, ao non facer uso en ningún caso das listaxes, independentemente dos cursos celebrados, polo que o despedimento, en todo caso, é improcedente". 

Políticas "contra-normalizadoras"
Trátase, en verbas de Anxo Otero --docente dos Celga e integrante da asemblea de [email protected] deste colectivo-- dunha "cuestión persoal pola nosa loita" que fai parte, afirma, das "políticas do PP contra-normalizadoras e efectivas para que se reduza a presenza social do galego"

O profesorado Celga coida que a actitude da Xunta é "unha cuestión ideolóxica" contraria á normalización lingüística

Otero lembra, en conversa con Sermos Galiza, que "a Secretaría Xeral de Política Lingüística conta cun orzamento de 5 millóns de euros", en troca, "a Xunta concede subvencións por valor de 15 millóns a cinco colexios do Opus Dei". "Non é unha cuestión orzamentaria", responde Anxo Otero, a respeito das afirmacións vertidas por Valentín García cando argüe as razóns de non contratar o profesorado Celga para 2014. "É unha cuestión ideolóxica". 

Para este colectivo, detrás do seu conflito laboral agóchase a vontade de "acabar" con [email protected] docentes e deixar en mans de "persoal das escolas de idiomas" e "técnicos de normalización" a impartición dos cursos. Porén, subliña Otero, "nós non somos só educadores senón axentes normalizadores". Parte do seu labor, destaca Anxo Otero, ten a ver con "rachar cos prexuízos existentes sobre o galego entre as persoas adultas" contribuíndo así, enfatiza, para impedir "que estes se trasladen ás crianzas". Por iso, denuncia, "é polo que non nos queren deixar facer o noso traballo"

comentarios