Demite o director de Meteogalicia, que sofre un recorte de persoal por parte da Xunta

Vicente Pérez Muñuzuri deixa o seu cargo despois de dez traballadores do servizo meteorolóxico galego seren despedidos após unha decisión da consellería de Medio Ambiente que dirixe Ethel Vázquez. 

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez (Foto: Xoán Crespo).
photo_camera Ethel Vázquez

Vicente Pérez Muñuzuri deixará de ser o director de Meteogalicia, o servizo meteorolóxico público galego, moi seguido e que desde a chegada do PP ao poder vive en tensión ante as constantes noticias que fan referencia á súa desaparición xa que o Goberno central considera que “duplica” ao mesmo organismo estatal, malia que este non ofrece a información pormenorizada en Galiza deste. Estes temores creceron nos últimos días, nun proceso que pode estar detrás da dimisión de Vicente Pérez. 

Dez traballadores de Meteogalicia veñen de ser despedidos após unha decisión da consellería de Medio Ambiente de Ethel Vázquez, o que entre o persoal foi considerado o comezo dun “desmantelamento” que o departamento autonómico nega pero que provocou o abandono do seu cargo do director, en protesta por esta decisión, segundo fontes sindicais. 

A dimisión será efectiva en canto a consellería atopa un ou unha substituta para o cargo, que terá un afrontar un momento delicado ante as denuncias dun proceso “encuberto” de empobrecemento do servizo que fontes sindicais comentan que pode rematar no peche de Meteogalicia. 

Comentarios