Despiden 12 traballadores no primeiro día de folga do lixo en Lugo

Na primeira xornada de paro a dirección da concesionaria despediu 12 traballador@s por incumpriren, dixo, os servizos mínimos impostos polo Concello, fixados no 100%. Vídeo no interior.

14-06-11 Folga_Urbaser_ConcelloLugo4
photo_camera [Imaxe CIG]

As traballadoras e traballadores da empresa de recollida de lixo de Lugo, Urbaser, iniciaron unha folga indefinida na segunda feira. As razóns do paro parten da reivindicación dunha actualización salarial que non se produce desde 2011. 

Na primeira xornada de loita o 100% do plantel secundou a loita (139 empregad@s) o que motivou as queixas da concesionaria. E é que o Concello de Lugo fixou no 100% os servizos mínimos a cumprir pol@s traballador@s. Unha decisión que desde o comité de empresa tildaron de "abusivos". 

Vinte e catro horas despois de dar inicio o paro --que coincide coa celebración do Arde Lucus-- Urbaser comunicou o despedimento de 12 empregad@s e a abertura de dous expedientes disciplinarios argüíndo o "incumprimento dos servizos mínimos" e "desobediencias con anterioridade ao paro", segundo informou Carmen Antas, representante da CIG. 

Ocupan o Concello de Lugo e exixen a re-admisión d@s despedid@s

Após o anuncio, desde o comité de empresa exixiron a readmisión d@s compañeir@s despedid@s e ocuparon o edificio do Concello de Lugo coincidindo coas comparecencias de imprensa posteriores á Xunta de portavoces. @s empregad@s denunciaron así uns servizos mínimos impostos que na practica, din, impiden exercer o dereito a folga.

Desde as centrais sindicais instan a devolver os seus traballos @s empregad@s se queren iniciar unha mesa de negociación mais Urbaser teima en @s empregar como "moeda de cambio", explican desde o comité de empresa. 

Neste senso, a concesionaria di que non negociará nen retirará @s despedimentos se non se pon fin á folga mais @s traballador@s mantéñense firmen e aseguran que non cesarán na súa loita. 

Nas últimas horas o comité de empresa de Urbaser Compostela remitiu un comunicado de apoio e solidariedade c@s compañeir@s de Lugo no que coidan son "xustas reivindicacións". 

Comentarios