A sentenza do Tribunal Constitucional do pasado 29 de outubro que avalaba o despedimento dunha traballadora cunha baixa por enfermidade relanzou a reforma laboral de 2012. Desde a súa aprobación algunhas empresas aproveitaron o fallo para “rebaixar” o seu cadro de persoal.
A maior parte destas empresas son do sector do telemárketing, moi feminizado e cun nivel alto de precariedade laboral. Extel, Atento, Unísono, Konecta ou Teleperformance son algunhas das corporacións que teñen casos no seu historial. Sindicatos e colectivos médicos denuncian que esta problemática prexudica á persoa doente traballadora mais tamén o seu entorno.
Desde CXT aseguran que o medo a perder o traballo é habitual polo que non todas os casos chegan a ser denunciados. Sindicatos como CIG aseguran que a única solución para reverter a situación sería a derrogación das reformas laborais no seu conxunto que causaron esta circunstancia.
A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.