Os despedimentos por enfermidade poden subir este ano se non muda a lei

Empresas de telemárketing remataron 2019 poñendo en práctica a sentenza do Constitucional que lles facilitaba o despido por enfermidade, unha norma da reforma laboral de 2012. Sindicatos e colectivos médicos rexeitan a lei e afirman que a saúde é un dereito básico a defender.

Traballadora de telemárketing (Riceme)
photo_camera Traballadora de telemárketing (Riceme)

A sentenza do Tribunal Constitucional do pasado 29 de outubro que avalaba o despedimento dunha traballadora cunha baixa por enfermidade relanzou a reforma laboral de 2012. Desde a súa aprobación algunhas empresas aproveitaron o fallo para “rebaixar” o seu cadro de persoal.

A maior parte destas empresas son do sector do telemárketing, moi feminizado e cun nivel alto de precariedade laboral. Extel, Atento, Unísono, Konecta ou Teleperformance son algunhas das corporacións que teñen casos no seu historial. Sindicatos e colectivos médicos denuncian que esta problemática prexudica á persoa doente traballadora mais tamén o seu entorno.

Desde CXT aseguran que o medo a perder o traballo é habitual polo que non todas os casos chegan a ser denunciados. Sindicatos como CIG aseguran que a única solución para reverter a situación sería a derrogación das reformas laborais no seu conxunto que causaron esta circunstancia.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios