Despedido por coller unha crianza de 11 meses no colo estando de baixa

Durante unha cabalgata de reis.

acoso laboral concentración

Traballadores e traballadoras de Aluminios Cableal concentráronse diante da empresa, no Polígono do Tambre, en Compostela para exixir a readmisión dun delegado da CIG despedido por baixa por IT.

Segundo denuncia o secretario comarcal de Industria de Compostela, Benedicto Blanco, o traballador foi “perseguido” por un detective privado estando de baixa e a empresa alegou para xustificar o seu despedimento “que colleu no colo a un neno de 11 meses durante a cabalgata de Reis”.

Para o sindicato este despedimento “é inadmisíbel” e é consecuencia “das reclamacións que o delegado viña facendo á empresa para mellorar as condicións laborais do conxunto do cadro de persoal”.

Comentarios