Despedido ao día seguinte de asinar a candidatura para concorrer ás eleccións sindicais

CIG denuncia que Autobuses Freire SL despideu o traballador por presentarse como candidato da CIG,  exixe a súa inmediata readmisión e anuncia que impugnará as eleccións.

non á represión sindical

CIG informa do despedimento por parte da empresa Autobuses Freire SL dun condutor que fai a liña Santiago-aeroporto de Lavacolla alegando un suposto baixo rendemento. “Casualmente”, indica o sindicato, “a decisión da empresa produciuse ao día seguinte do traballador asinar a candidatura da CIG para presentarse nas eleccións sindicais”.

A mesa constituíase esta segunda feira e non figura no censo a pesar do traballador ten presentado papeleta de conciliación reclamando a nulidade. Por iso a CIG anuncia que impugnará estas eleccións perante a Inspección de Traballo.

A FGAMT-CIG considera “inadmisíbel” este “atropelo á liberdade sindical”. Critica que a empresa xustifique na carta de despedimento baixo rendemento cando a este traballador “a empresa lle debe días de descanso por exceso de xornada nos últimos meses”.

Comentarios