Após alcanzaren un "principio de acordo" coa empresa do Diario de Pontevedra @s [email protected] do xornal, pertencente ao grupo El Progreso, acordaron desconvocar a folga.
Reunidas, as partes acordaron que se suprimirá o Expediente de regulación de emprego temporal e as reducións salariais aprobadas desde 2012 ao tempo que se manterá o actual cadro de persoal intacto até 2016. O número de [email protected] manterase, no entanto, sen contar coas 10 persoas despedidas o pasado día 28 de outubro.
"Estamos contentos mais todo dependerá da evolución que teña a empresa"
Segundo informou a Sermos Galiza o presidente do comité de empresa do Diario de Pontevedra [email protected] [email protected] estudan a posibilidade de emprenderen accións xudiciais pola súa conta para exixiren a anulación dos seus despedimentos.
Desde o comité valoran positivamente o principio de acordo alcanzado. "Estamos bastante contentos", asegurou Enrique Martínez, nomeadamente por conseguiren que non se poidan despedir [email protected] [email protected] "até 2016". No entanto, acrecentan, "dependerá da evolución que teña a empresa" a partir de agora.