Desconvocada a folga no Diario de Pontevedra após alcanzar un principio de acordo

O paro encetou ás 09.00 da mañá mais foi finalizado logo de se reuniren o comité e a empresa.

Pontevedra vida
photo_camera [Imaxe Mónica Patxot / Pontevedra Viva]

Após alcanzaren un "principio de acordo" coa empresa do Diario de Pontevedra @s traballador@s do xornal, pertencente ao grupo El Progreso, acordaron desconvocar a folga. 

Reunidas, as partes acordaron que se suprimirá o Expediente de regulación de emprego temporal e as reducións salariais aprobadas desde 2012 ao tempo que se manterá o actual cadro de persoal intacto até 2016. O número de traballador@s manterase, no entanto, sen contar coas 10 persoas despedidas o pasado día 28 de outubro. 

"Estamos contentos mais todo dependerá da evolución que teña a empresa"

Segundo informou a Sermos Galiza o presidente do comité de empresa do Diario de Pontevedra est@s traballador@s estudan a posibilidade de emprenderen accións xudiciais pola súa conta para exixiren a anulación dos seus despedimentos. 

Desde o comité valoran positivamente o principio de acordo alcanzado. "Estamos bastante contentos", asegurou Enrique Martínez, nomeadamente por conseguiren que non se poidan despedir nov@s traballador@s "até 2016". No entanto, acrecentan, "dependerá da evolución que teña a empresa" a partir de agora. 

Comentarios