Desconvocada a folga na Escola de Música de Santiago

Ao se lograr o pagamento ao persoal dos salarios atrasados

escola municipal música santiago
photo_camera Imaxe de arquivo dunha mobilización da Escola (Foto: CIG)

A CIG-Ensino informa de que vén de desconvocar a folga indefinida prevista para esta terza feira despois de que “surtira efecto esta medida de presión e a empresa pagara os salarios atrasados ao conxunto de persoal docente e non docente da Escola Municipal de Música de Santiago”.

"É lamentábel e vergonzoso ter que chegar a esta situación, tanto por parte da empresa como do Concello de Santiago que foi a remolque desta situación e só actuou ante medidas extraordinarias sen poñerse en contacto en ningún momento nin co cadro de persoal nin coa CIG-Ensino", destacou Rubén F. Monteagudo.

Á vez quixo insistir en que "nada garante que esta situación non se volva producir. O empresario ten que ter liquidez suficiente para pagar aos seus empregados e empregadas porque cando asume un contrato de servizo público é a súa obriga ".

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios