Desaparecidos dous tripulantes galegos dun barco que se afundiu en Francia

O 'Safrán' afundiuse a 35 millas de Donostia e catro dos seus tripulantes foron rescatados por outro barco galego, pero dous están desaparecidos desde a noite do sábado. 

Pesqueiro
photo_camera Pesqueiro

Dous tripulantes están desaparecidos após o afundimento dun barco galego, 'Safrán', en augas francesas. En concreto, o barco, con base no porto de Celeiro, en Lugo, afundiuse na noite deste sábado, a 35 millas de Donostia. Os homes aos que se busca son galegos, un de Burela e outro de Viveiro.

No momento do afundimento, no barco había un total de seis tripulantes, dos cales catro foron rescatados por un pesquero galego que estaba na zona -Os Merexos-, segundo relataron á axencia Europa Press fontes de Salvamento Marítimo. Estes catro tripulantes atópanse en "bo estado".

Os outros dous tripulantes continúan desaparecidos, polo que se despregou desde a noite deste sábado un dispositivo de búsqueda no que participan helicópteros e barcos tanto do estado español como do francés.

Comentarios